Presentación

En OBRADOIROS de LEMBRANZA dedicámonos aos servizos psicosociais. A nosa labor consiste na intervención mediante a realización de talleres de estimulación cognitiva, individuais ou grupais.

Creamos OBRADOIROS de LEMBRANZA porque cada vez hai máis persoas con deterioro cognitivo que son coidadas nos seus fogares por un familiar, carecendo moitas veces de apoio profesional para así poder gozar dun tempo valioso para as súas tarefas diarias ou de tempo de lecer, reducindo as probabilidades de padecer sobrecarga do coidador.

O noso principal obxectivo e mellorala calidade de vida e o benestar psicolóxico das persoas beneficiarias do servizo e servir de apoio aos seus coidadores.

Prestamos os nosos servizos en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Ames, Brión, Boqueixón, Teo, Trazo e Vedra).

Contamos con un equipo de profesionais, dirixidos por unha psicóloga con formación e experiencia na discapacidade e na dependencia.

 

«Non basta con dar anos á vida, senón que hai que dar vida aos anos»

Share Button