Rehabilitación cognitiva a domicilio
Consiste na intervención psicolóxica no domicilio da persoa mediante exercicios de:
- Memoria
- Atención e concentración
- Razoamento
- Cálculo
- Esquema corporal
- Orientación á realidade
- Praxe construtiva
- Autoestima e autoconcepto
- Reminiscencias.
Durante a primeira sesión recadarase información da persoa mediante unha entrevista co beneficiario mailos familiares; de ser necesario faranse probas adicionais para indagar sobre o grado de deterioro ou necesidades especiais que poida tela persoa. Toda a información recollida será utilizada para deseñar un plan de intervención individualizado, baseado nas súas necesidades e intereses. Haberá en todo momento unha boa comunicación cos familiares, explicando os pasos a seguir e, no caso de que o requiran, facilitaremos a emisión de informes periódicos. Existe a posibilidade dentro deste servizo de ofrecer apoio psicolóxico aos familiares ou achegados a personas con discapacidade e/ou dependencia, que poden sufrir estrés ou esgotamento derivados da situación de coidado. Así mesmo, proporcionaranse as ferramentas axeitadas para xestionala asistencia á dependencia.