Rehabilitación cognitiva
A estimulación cognitiva ou psicoestimulación é o conxunto de estratexias e técnicas de intervención psicolóxica dirixidas a potenciala neuroplasticidade da persoa con deterioro cognitivo mediante o traballo tanto coas funcións e procesos cognitivos preservados como coa dimensión socio-afectiva.
As persoas con deterioro cognitivo manteñen certa capacidade de neuroplasticidade, un potencial de plasticidade cognitiva, de aprendizaxe ou capacidades de reserva que poden ser estimulados co fin de modificar e optimizala súa adaptación ao medio, especialmente nos estadios leve e moderado. Nestes períodos existe unha capacidade de aprendizaxe que se manifesta nos cambios de conduta, na adecuación a novos estímulos e ambientes, na mellora de habilidades instrumentais abandonadas polo desuso ou na adquisición de esquemas e estratexias.
Áreas de intervención:
- Linguaxe
- Cálculo
- Razoamento
- Esquema corporal
- Atención e concentración
- Praxe construtiva
- Orientación á realidade
- Memoria
- Autoestima
Obxectivos:
- Manter as capacidades mentais
- Rehabilitar os procesos psicolóxicos
- Evitalo illamento do entorno
- Potencialas relacións sociais
- Aumentala independencia e a autonomía persoal
- Reducilo estres
- Xerar sentimentos de control sobre o entorno e reducila indefensión
- Incrementala capacidade funcional e o desempeño nas tarefas cotiás
- Melloralo sentimento de benestar emocional, psicolóxico e de saúde
- Mellorala calidade de vida das persoas beneficiarias do servizo e maila dos seus familiares